Pasar al contenido principal

Xornada Transferencia en Ciencias Sociais e Humanas: entre o escepticismo e a oportunidade

24.09.2025 | 09.00h

Santiago de Compostela
Paraninfo da Universidade

Imaxe de arquivo da Sala de Persoal Investigador da USC. Foto: Santi Alvite
Imaxe de arquivo da Sala de Persoal Investigador da USC. Foto: Santi Alvite

Organizada pola USC e o Grupo de Traballo en Ciencias Sociais e Humanidades da RedOTC-CRUE, o 24 de setembro terá lugar no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) a xornada Transferencia en Ciencias Sociais e Humanas: entre o escepticismo e a oportunidade.

A cita vai dirixida a persoal técnico de oficinas de transferencia e a persoal investigador no ámbito das Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas, co obxectivo de fortalecer as súas capacidades nun campo de coñecemento con dinámicas propias e cun crecente papel na xeración de impacto social. Con ese propósito, a xornada está pensada como un espazo para o intercambio de experiencias, a construción de alianzas e o impulso de novas formas de transferir coñecemento desde esas ciencias.

Programa


A xornada desenvolverase nunha sesión matinal que dará comezo ás 9.15 nun acto no que participan o reitor Antonio López Díaz; o coordinador da RedOTC e vicerreitor de Innovación e Transferencia da Universitat Politècnica de València, Salvador Coll Arnau; o decano da facultade anfitrioa, Antonio Míguez Macho; e a xefa de Área de Transferencia de Coñecemento e Centros Tecnolóxicos da S.X. de Transferencia da Dirección Xeral de Planificación, Coordinación e Transferencia de Coñecemento do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Gemma Cañas del Olmo.

Os contidos do programa inclúen relatorios nacionais e internacionais coa participación de representantes de institucións clave do sistema de I+D+I e unha sesión práctica exclusiva para persoal técnico, centrada na avaliación da transferencia nos procesos de financiación pública da investigación. 

Cartel do evento
Cartel do evento
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.09.2025.