Grupo fotográfico. Campus de Lugo
Desenvolvemento dun proxecto persoal fotográfico
Neste curso acompañarémoste paso a paso para que poidas crear e dar forma ao teu propio proxecto fotográfico, aprendendo a empregar a linguaxe visual como ferramenta para contar historias.
Traballaremos nun ambiente creativo e colaborativo, combinando unha titorización personalizada co intercambio de ideas co resto do grupo.
Ao longo das sesións afondaremos en como:
• Definir o concepto e o enfoque narrativo do teu proxecto.
• Seleccionar e planificar a linguaxe visual máis axeitada.
• Analizar e inspirarte en referentes fotográficos.
• Aprender estratexias de edición para dar unidade e forza ao resultado final.
Profesorado:
Paula Quiroga (Lugo, 1996). É directora de fotografía e xornalista, especializada en documentalismo. Membro do colectivo fotográfico Ollo, na actualidade compaxina a dirección de fotografía en proxectos documentais e de ficción, destacando o seu traballo en Ulises (2023), de Félix Brixel.
Datas e horario:
O curso consta de 6 sesións e seguimento do proxecto:
Sesións de 2025
27 de outubro, 24 de novembro e 1 de decembro
18.00 a 22.00 horas
Sala de prensa da Casa do Saber
Sesións de 2026
3 sesións e seguimento do proxecto. Datas por determinar
Prezos: membros da comunidade universitaria 80 euros / taxa xeral 150 euros / membros da Asociación Fotográfica Maruja Roca 110 euros
Matrícula
O prazo de matrícula está aberto do 8 de setembro ao 15 de outubro de 2025.
As persoas interesadas deben cubrir o formulario e seguir as indicacións que aparecen no documento 'Instrucións pagamento'.
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es