Pasar al contenido principal

CineFilo: Proxección de 'Non canto por cantare'

30.09.2025 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Contará coa presenza da súa directora, Irene Pin

A serie explora a evolución da música popular galega a través das mulleres
A serie explora a evolución da música popular galega a través das mulleres

O martes 30 de setembro, CineFilo dará comezo a un novo ciclo coa proxección, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía ás 17.00 horas, da serie documental Non canto por cantare (2025), para o que contará coa presenza da súa directora, Irene Pin.

Presentada pola profesora de secundaria Gabriela Rivera Rodríguez, a serie explora a evolución da música popular galega a través das mulleres que a transmitiron e mantiveron viva, seguíndoa pola súa pervivenza e rexurdir nos últimos anos do século XXI. O proxecto foi desenvolvido por Aqueladas, unha cooperativa galega de produción audiovisual especializada en proxectos transmediais de diversos xéneros e en labores de deseño gráfico fundada por Irene Pin e Iria Iglesias. Para acompañar o documental, crearon asemade unha web conceptual que recolle materiais adicionais das entrevistas e que pode consultarse en https://noncantoporcantare.gal/ .

A entrada é libre e de balde. Para estudantes da USC, a asistencia regular á meirande parte das sesións outorgará un certificado co que se poderá solicitar o recoñecemento de 1 crédito ECTS de carácter transversal concedido pola Área de Cultura da USC.

Cartel da sesión
Cartel da sesión
Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.09.2025.