Pasar al contenido principal

A comunidade universitaria recibe formación en materia de ciberseguridade

A xornada tivo lugar no CEA
A xornada tivo lugar no CEA
O inspector xefe de Policía, Santiago Reboiras, impartiu no CEA unha charla na que profundou nos ciberdelitos e na ciberdelincuencia

Ciberseguridade, ciberdelitos e ciberdelincuentes centraron a charla impartida polo inspector xefe de Policía, Santiago Reboiras, que tivo lugar este venres 3 no Centro de Estudos Avanzados da USC. Con esta actividade na que participaron representantes de facultades, escolas, centros de investigación, servizos e Consello do Estudantado preténdese ampliar a formación da comunidade universitaria no ámbito da ciberseguridade e promover a implantación de medios tecnolóxicos neste eido. 

Esta iniciativa engádese a outras xa promovidas dende a USC como a creación dun espazo web dependente da Secretaría Xeral con material didáctico sobre ciberseguridade que materializa o compromiso da institución coa seguridade dos datos que manexa e coa formación da súa comunidade. 

 

Acompañaron ao inspector xefe de Policía, Santiago Reboiras, José Manuel Velo, director da Área TIC; Dulce María García Mella, secretaria xeral da USC; e Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación
Acompañaron ao inspector xefe de Policía, Santiago Reboiras, José Manuel Velo, director da Área TIC; Dulce María García Mella, secretaria xeral da USC; e Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación
Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.10.2025.