Pasar al contenido principal

Doazón a Histagra de materiais do investigador Plácido Carro Lamas

14.10.2025 | 12.00h

Santiago de Compostela
Sala de Profesorado

Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite

O investigador Plácido Carro Lamas, biógrafo do militar Antonio Azarola Gresilló, cederá ao Grupo HISTAGRA a documentación utilizada para realizar o traballo que recentemente foi publicado baixo o título ‘Contraalmirante Azarola, un hombre de honor’. O acto terá lugar este martes 14 de outubro ás 12.00 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia baixo a presidencia do decano do centro, Antonio Miguez Macho.

O material, que será depositado no CISPAC, está composto por libros de época, fotografías e diversos documentos que narran a vida pública e privada do militar Azarola, desde os seus inicios no estamento militar até o seu asasinato en Ferrol en agosto de 1936.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.10.2025.