Pasar al contenido principal

A décimo primeira promoción de Estalmat-Galicia comeza este sábado as actividades

Mapa coa procedencia da 11ª promoción de Estalmat-Galicia
Mapa coa procedencia da 11ª promoción de Estalmat-Galicia
O programa, avalado pola Real Academia de Ciencias, conta co apoio do Consello Social da USC, da Consellaría de Educación, das Deputacións da Coruña e Lugo e da Fundación Española de Ciencia y...

Os 25 estudantes que conforman a 11ª promoción de Estalmat-Galicia de estímulo do talento matemático en rapaces de 12 e 15 anos, participarán este sábado 23 no acto inaugural do curso 2017-2018, que terá lugar ás 10:30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.

A apertura presidiraa o reitor da USC e presidente de ESTALMAT-Galicia, Juan Viaño, e nela participarán tamén a decana da Facultade e coordinadora xeral do programa, Elena Vázquez Cendón; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; a deputada da Subárea de Cultura e Educación da Deputación de Lugo, Pilar García Porto; a xefa do Servizo de Promoción e Cooperación Institucional da Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade, Mª Luz González, e o representante dos docentes que avalan os estudantes nas probas, Federico Silva Cobas, profesor de Matemáticas do IES Rosalía de Castro de Santiago. A presentación da 11ª Promoción faraa a coordinadora académica e secretaria do Comité organizador de ESTALMAT-Galicia, Marina Gemiñás.

Ao final do acto, as dúas alumnas e os 23 alumnos finalmente seleccionados partirán a un campamento matemático no Albergue de Ecoturismo Alvarella-Vilarmaior na Coruña. Compartirán a fin de semana con eles o responsable do campamento, o profesor Victor Pollán; a responsable de Relación coas Familias, Covadonga Rodriguez-Moldes, e as extalmateiras BárbaraRodríguez Presedo e Marina López Seoane, que actualmente cursan na USC o grao en Matemáticas e o dobre grao de Matemáticas e Física, respectivamente.

Entre as novas actividades programadas, este curso manipularán unhas cúpulas de Leonardo, participarán nun concurso de fotografía matemática e traballarán cos exemplares da Unidade didáctica ‘María Wonenburger: Unha científica adiantada ao seu tempo’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.09.2017.