O proxecto GeoREBIUN permite visualizar o impacto que a actividade das universidades ten en distintos puntos do territorio
A través da xeolocalización das diferentes publicacións depositadas nos repositorios, GeoREBIUN facilita coñecer que se publica, onde e con que resultados.
A BUSC participa neste proxecto con 950 documentos xeolocalizados.
A BUSC participa neste proxecto con 950 documentos xeolocalizados.
GeoREBIUN é o nome que recibe o portal web que ten como misión principal amosar o impacto que a actividade das universidades ten en distintos puntos do territorio, a partir da xeolocalización dos documentos depositados nos repositorios institucionais. A BUSC participa neste proxecto con 950 documentos xeolocalizados do seu repositorio institucional Minerva
Con esta iniciativa, Rebiun quere dar a coñecer á sociedade a produción académica do PDI e dos estudantes das universidades españolas, así como incrementar a súa visibilidade e impacto.
Entre as funcionalidades do portal atópanse:
- Un mapa interactivo con miles de documentos xeolocalizados
- Un buscador global por autor, título ou materia.
- Filtros avanzados por universidade, tipo de documento, ano e condicións de acceso.
- Estatísticas sobre a produción académica de cada institución participante.
Podes consultar os documentos xeolocalizados da USC aquí.