Pasar al contenido principal

Universidades e Xunta reuníronse para estudar liñas de colaboración de cara ao Xacobeo 2021

Os conselleiros de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, reuníronse con Antonio López Díaz, Julio Abalde e Manuel Joaquín Reigosa Roger, reitores das tres universidades galegas, co fin de involucrar as institucións académicas na organización do Xacobeo de 2021.

Este encontro serviu para formular liñas de colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo co obxectivo de sumar a súa participación na organización do vindeiro Ano Santo e que, ademais, poidan facer as súas achegas ao Plan Estratéxico do Xacobeo que comezará a redactarse en breve.

Segundo explicou o titular de Cultura e Turismo, a colaboración coas tres universidades galegas permite afondar nunha liña de traballo “de grande interese e impacto positivo” que ofrece a posibilidade de pór en marcha congresos universitarios de carácter internacional.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.02.2019.