Pasar al contenido principal

XXIX Congreso Nacional de Estudantes de Dereito

05.11.2025-09.11.2025
Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite
Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite

A edición número 29 do Congreso Nacional de Estudantes de Dereito bota a andar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca este 5 de novembro, ás 19.00 horas. O acto de apertura estará presidido polo reitor Antonio López Díaz e contará coa participación do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González; a decana de la Facultade de Dereito da USC, Ana Gude Fernández; o presidente do Consello Nacional de Estudantes de Dereito, Alonso Sánchez Martín; e o presidente do comité organizador do congreso, Alberto Neira Ferreiro. 

O Consello Nacional de Estudantes de Dereito (CONEDE), organización impulsora deste foro que se estende ata o 9 de novembro, representa máis de 120.000 estudantes de Dereito de toda España, xuntando máis de 100 representantes de todas as universidades do Estado. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.11.2025.