Pasar al contenido principal

Inauguración do Pemade_Lab acreditado pola ENAC e da cuberta Gridshell instalada na EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acollerá este venres unhas xornadas de portadas abertas orientadas a dar a coñecer as instalacións da e a oferta de servizos da Plataforma de Madeira Estrutural (Pemade), así como do seu laboratorio, o Pemade_Lab, que vén de ser acadar a acreditación da ENAC para a realización de ensaios de madeira estrutural, e da cuberta Gridshell, unha singular estrutura de madeira realizada en madeira de eucalipto e instalada no frontal sur do edificio da ampliación da EPS de Enxeñaría de Lugo.

As actividades organizadas co gallo desta xornada de portas abertas comezarán a desenvolverse no salón de actos a EPS de Enxeñaría a partir das 10.00 horas, cando a arquitecta fundadora de ‘The Cambium Design’, María Sánchez Ontín, ofrecerá o relatorio ‘Construción en madeira: unha oportunidade de futuro’. Ao remate desta intervención, a arquitecta do Concello de Lugo Susana Penedo Souto explicará as directrices que rexen o programa Life Lugo+Biodinámico, a través do que administración local pretende guiar a capital luguesa cara un desenvolvemento urbano sostible.

As actuacións forestais programadas no marco do Life Lugo+Biodinámico centrarán a intervención do catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC Antonio Rigueiro. O director de Pemade, o tamén catedrático da USC Manuel Guaita, e o xerente de Maderas Besteiro, Mario Carballo, pecharán a quenda matinal de relatorios cunha exposición sobre o desenvolvemento de produtos estruturais con especies forestais de Galicia, láminas reticulares de madeira e madeira contralaminada.

O acto de inauguración oficial do Pemade_Lab desenvolverase ás 13.00 horas, no marco dunha sesión na que participará, ademais dos relatores antes citados, o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey; o deputado provincial responsable da área de Goberno Interior e Relacións Institucionais da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, así como do xerente do Clúster da Madeira, José Manuel Iglesias, e o director de Pemade, Manuel Guaita, e o responsable provincial de Lugo da Fundación Laboral da Construción, Ignacio de Oliveira Unha vez rematada a sesión, realizarase unha visita ás instalacións do Pemade_Lab.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.09.2017.