Pasar al contenido principal

O máster DEIN ofertará o próximo curso 5 bolsas de axuda á matrícula

O Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación (Máster DEIN) acaba de rematar unha nova edición reafirmando a súa vocación internacional ao contar cun terzo de alumnado procedente de países tan diversos como China, Brasil, Perú, Ecuador ou México.

Este máster está orientado á formación de investigadores e profesionais para o deseño e xestión estratéxica da I+D e innovación, así como do deseño e xestión e políticas e proxectos de desenvolvemento rexional. O traballos fin de mestrado desta edición abordaron problemáticas de actualidade como os modelos de negocio de economía circular en Galicia, a especialización intelixente nas RIS3 de Euskadi e Galicia, cadeas globais de valor e sistemas de innovación ou evasión fiscal e desregulación económica, entre outros.

Co patrocinio da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e, como novidade, coa colaboración da Deputación da Coruña, este posgrao ofertará para o curso 2017-2018 5 bolsas de axuda á matrícula para estudantes de novo acceso, premios aos mellores traballos fin de mestrado e axuda ao transporte para estudantado que realiza as prácticas profesionais fóra da cidade de Santiago.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.07.2017.