Blanca Ana Roig Rechou, no xurado dos Premios Nacionais de Literatura na modalidade de literatura infantil e xuvenil
A profesora da USC Blanca Ana Roig Rechou formará parte do xurado dos Premios Nacionais 2017 de Literatura na modalidade de literatura infantil e xuvenil a proposta da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas.
A CRUE considerou a súa proposta toda vez que é o campo de especialidade da profesora Rechou, que imparte clases de literatura e literatura infantil galega, textos literarios e literatura de transmisión oral na Facultade de Ciencias da Eduacción. É así mesmo directora da Rede temática de investigación en Literatura Infantil y Juvenil (LIJMI) e presidenta da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ).
O seu traballo Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega mereceu en 2015 os premios Fervenzas literarias ao mellor libro de ensaio e investigación e o da Crítica Galicia de Investigación.