As axudas de comedor do Servizo Universitario de Residencias poderanse solicitar ata finais do curso
O prazo para solicitar bolsas de comedor do Servizo Universitario de Residencias (SUR) permanecerá aberto ata o día 31 de outubro de 2018. A esta convocatoria poderán concorrer o estudantado matriculado na USC no actual curso académico. As persoas interesadas deberán estar aloxadas no SUR, ser bolseiros/as da convocatoria xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co compoñente da contía fixa ligada á residencia e cuxa Renda Persoal Dispoñible (RPD) no exercicio 2016 sexa inferior a 9.000 euros.
As persoas que opten a estas bolsas deberán permanecer no SUR durante o curso 17/18 e non ter cantidades pendentes de abono en concepto de dereitos de aloxamento co SUR ademais de comunicar á sección de Servizos á Comunidade Universitaria calquera cambio en relación cos requisitos para a solicitude destas bolsas. Estas axudas convocadas pola Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social teñen como obxecto poñer en marcha accións de apoio económico ao estudantado e garantir a igualdade de oportunidades das familias con menos recursos.