Pasar al contenido principal

Unha delegación da universidade chinesa de Ludong visita o Campus Terra da USC

O principal obxectivo desta visita é estreitar lazos co Campus Terra e fomentar a mobilidade
O principal obxectivo desta visita é estreitar lazos co Campus Terra e fomentar a mobilidade

Os profesores Cheng Xianhao, decano da Escola de Agricultura da Universidade chinesa de Ludong; Wang Xiaotong, vicedecano do devandito centro; e Wu Daoxun, xefe da Oficina de Programas Internacionais visitaron este luns o Campus Terra da USC onde foron recibidos polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, polo vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro Lois, e polo xestor de Internacionalización do Campus Terra, Pedro Fiz Rocha.

Xianhao, especialista en microbioloxía, fungos comestibles, e biomedicina; e Xiaotong, cuxa principal liña de investigación se centra no campo da xenética animal e a reprodución, visitaron a vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, para a continuación dirixirse á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e á Facultade de Veterinaria do Campus Terra.

O principal obxectivo desta visita é estreitar lazos co Campus Terra e fomentar a mobilidade de estudantes, docentes e investigadores entre ambas as dúas institucións. Este encontro prodúcese no marco do proxecto Erasmus + CBHE UNISON, coordinado pola USC. Neste proxecto participan universidades de Alemaña, Xeorxia, Rusia, China e Portugal. O proxecto foi deseñado para definir claramente os mecanismos de transferencia e comercialización do coñecemento e a tecnoloxía. A realización deste proxecto permitirá fortalecer a cooperación coas empresas e abrir novas oportunidades laborais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.07.2017.