Pasar al contenido principal

Asemblea xeral extraordinaria de Alumni USC

Na xuntanza, Alonso Montero pronunciará unha conferencia sobre Ben-Cho-Shey

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) reunirase este sábado 16 de decembro en asemblea xeral extraordinaria para, entre outros asuntos, informar do número de socias e socios, do encontro EnMente, do XII Premio de Relato Curto e do número 40 da Revista Fonseca. A xuntanza serás 11.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.

A continuación terá lugar a conferencia de Xesús Alonso Montero titulada ‘ Ben-Cho-Shey: mestre, xornalista, etnógrafo, biliófilo e quixote da fala’. Este relatorio pecha o ciclo que iniciaron Pérez Alberti sobre Otero Pedrayo e Carlos L. Bernardez sobre Vicente Risco para conmemorar os noventa anos do Camiño de Ourense a Santo Andrés de Teixido realizado por estes tres galeguistas en 1927.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.12.2017.