Pasar al contenido principal

Presentación do libro Poder e política na Galiza Vilega. 1790-1833. Provincias de Lugo e Mondoñedo, de Xosé Ramón Veiga

O profesor da USC no campus de Lugo e membro do grupo Histagra Xosé Ramón Veiga presenta este mércores 20 ás 19:00 horas na librería Couceiro de Santiago o seu libro Poder e política na Galiza Vilega. 1790-1833. Provincias de Lugo e Mondoñedo.

O volume dá conta do tempo acaecido entre 1790 e 1833, cun mundo antigorreximental decadente mais con forzas para resistir e unha alternativa liberal e constitucional en cernes que turra por ocupar o espazo político. No libro repásase a concreción desa liorta a partires da análise en clave política e de poder de varias vilas situadas nas, daquela, provincias de Lugo e Mondoñedo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.12.2017.