Pasar al contenido principal

A Orquestra da USC ofrece este domingo o Concerto de Nadal

A Orquestra da USC ofrece este domingo o Concerto de Nadal
A Orquestra da USC ofrece este domingo o Concerto de Nadal

Como xa vén sendo tradicional, a Orquestra da USC ofrece un ano máis o seu Concerto de Nadal. Será este domingo 17 ás 19:30 horas na Igrexa da Universidade con entrada libre ata completar o aforo.

O programa do recital inclúe a ‘Obertura Coroliano’ de Beethoven, ‘Pizzicatto Polka’ de Strauss, ‘White Christmas’ de Irving Berlin e as obras de Piazzolla ‘Tango I de Tres tangos para bandoneón e orquestra’, ‘Río Sena’ e ‘Adiós Nonino’.

Dirixida por Mario Diz, a Orquestra da USC contará nesta ocasión coa participación dos profesores Roberto Santamarina (violín), Blanca Bello (viola), Carlos G. Amigo (violonchelo) e Iago Lariño (ventos), e a colaboración de Pablo Sampedro como acordeón solista.

No mesmo espazo, a partir das 19:15 horas coincidindo coa apertura de portas, o grupo de cámara Onslow integrado por cinco membros da Orquestra da USC ofrecerá un pre concerto con música incidental de Elgar e Baumann.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.12.2017.