Pasar al contenido principal

Convocadas as axudas á realización de teses en galego

Convocadas as axudas á realización de teses en galego
Convocadas as axudas á realización de teses en galego

As axudas da USC para a realización de teses de doutoramento en galego, dotadas con ata 400 euros en subvención directa, poderanse solicitar ata o 31 de outubro. Estas axudas, xestionadas polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL), outórganselles a aquelas persoas que elaboren e defendan estes traballos en lingua galega e así a soliciten a través do Rexistro Xeral da USC ou do rexistro da Sede Electrónica.

Trátase dunha subvención directa dun máximo de 400 € para os gastos de fotocopiado e encadernación do traballo. A subvención complétase con servizos de consulta e asesoría lingüística e terminolóxica, así como de asesoramento para a elaboración e uso de presentacións dixitais que se adoitan utilizar na defensa das teses, por parte do Servizo de Normalización Lingüística. De xeito complementario, o SNL ofrece ademais ‘ Cursos de redacción e deseño de traballo de investigación’, ‘ Criterios e recursos’ e o bUSCatermos.

Dende 1994 a USC ofrece un programa de axudas ao uso do galego en teses de doutoramento. Este incentivo axiña se converteu nun referente en moitas outras universidades. Dende aquela, máis de 200 doutorandos e doutorandas solicitaron estas axudas na USC, contribuíndo deste xeito a estender o galego na investigación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.02.2019.