Pasar al contenido principal

As posibilidades do programa LaTeX para a edición de documentos científicos e técnicos, nun curso de verán

Un ano máis, o Campus de Santiago acollerá o curso de verán sobre o programa LaTeX, centrado na edición de documentos científicos e técnicos. Será entre os días 24 e 28 de xullo na Facultade de Matemáticas baixo a dirección de Rosana Rodríguez López e cunha carga lectiva de 25 horas. A inscrición pode formalizarse en web ata o 14 de xullo.

O programa comezará cun bloque introdutorio sobre que é LaTeX e cales son as súas vantaxes respectou outras ferramentas similares, ademais de abordar a súa instalación e o emprego de editores enfocados á súa utilización. Logo de tratar os primeiros pasos e os elementos básicos deste software o seguinte bloque do curso aludirá á súa utilización en diferentes campos, tanto para a elaboración de documentos completos como índices e bibliografías, tanto no campo científico, como técnico, literario ou para traballos académicos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.07.2017.