Pasar al contenido principal

O encontro de verán da Orquestra Universitaria culminará con concertos en Santiago e Mondoñedo

O encontro de verán da Orquestra Universitaria culminará con concertos en Santiago e Mondoñedo
O encontro de verán da Orquestra Universitaria culminará con concertos en Santiago e Mondoñedo

A Orquestra da Universidade de Santiago desenvolve entre o 14 e o 20 de agosto un proxecto educativo que, como o pasado ano, reunirá membros da propia formación e estudantes de música con certo nivel académico e profesores de recoñecidas entidades e orquestras.

Con este encontro de verán preténdese mellorar coñecementos, destrezas e experiencias, que culminarán con concertos en Santiago e Mondoñedo –a falta de confirmar algunha posible localidade máis– nos que participarán destacados solistas. Así, o sábado 19 actuarán ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade, mentres que o día seguinte o recital será á mesma hora na Catedral de Mondoñedo.

O programa de ambos os dous concertos comezará coa suite nº1 ‘Carmen’ de Bizet, con Margarita Guerra como solista ás castañolas, continuará co Concerto en Re para viola e orquestra de Stamitz con Pedro Romero de solista, e rematará co Tango I de Tres tangos para bandoneón e orquestra de Piazzolla, con Pablo Sampedro ao acordeón.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.08.2017.