Pasar al contenido principal

Aberto o prazo de inscrición para a terceira Xornada teórico-práctica de iniciación á autodefensa

A terceira edición da Xornada Teórico-Práctica de Iniciación á Autodefensa celebrarase a finais do vindeiro mes de marzo co obxecto de proporcionar recursos para dar resposta a potenciais situacións de risco, aprendendo o uso de técnicas eficaces en funcións das capacidades de cada un e das características da agresión. Esta é unha actividade organizada pola Fundación USC Deportiva e o Servizo de Deportes da USC aberta a todas aquelas persoas maiores de 16 anos interesadas en coñecer os fundamentos teóricos e prácticos da autodefensa.

O curso desenvolverase o 23 de marzo en Santiago de Compostela cunha duración total de 8 horas e impartido por Óscar e Sergio Lafuente López, titulados en autodefensa pola Real Federación Española de Kárate.

O curso, para o que xa está aberto o prazo de inscrición, pretende ampliar o concepto de autodefensa de xeito que non se considere unicamente como unha disciplina de loita coa finalidade de repeler unha agresión física, senón tamén como unha disciplina que debe contemplar o emprego de técnicas para a solución de conflitos sen chegar a un enfrontamento físico. Igualmente, dará a coñecer os beneficios que reporta a práctica desta disciplina en termos de saúde e benestar tanto a nivel físico como psíquico. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar a web da Fundación USC Deportiva.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.02.2019.