Pasar al contenido principal

Continúa aberta a inscrición nas xornadas sobre a realidade do acceso a bens e servizos das persoas con discapacidade

Continúa aberta a inscrición nas xornadas sobre a realidade do acceso a bens e servizos das persoas con discapacidade
Continúa aberta a inscrición nas xornadas sobre a realidade do acceso a bens e servizos das persoas con discapacidade

Co gallo da celebración do Día internacional das persoas con discapacidade o 3 de decembro, a Universidade de Santiago acollerá os días 4, 5, 11 e 12 de decembro en Dereito as xornadas Mercado xusto? Equitativo? O acceso a bens e servizos en condicións de igualdade’.

Precisamente o 4 de decembro de 2017 remata o prazo previsto no TR da Ley General de derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social para esixir as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación. Esta previsión supón un paso máis na protección e garantía dos dereitos das persoas con discapacidade, así como na consecución nunha sociedade diversa e igualitaria.

Para analizar se efectivamente esa é a realidade, as profesoras Belén Trigo e María Loureiro organizan estas xornadas, que inaugurarán o luns 4 ás 9.15 horas a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez; o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; e a Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga.

Como relatores e relatoras participarán especialistas das Universidades de Santiago e A Coruña, da Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, da Fundación Down Compostela, de COGAMI, da ONCE, do Colexio oficial de arquitectos de Galicia, da Asociación Galega de Asperger, da Asociación de Persoas Xordas de Santiago, do Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos Española, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e da Concellaría de políticas sociais, diversidade, saúde e centros cívicos de Compostela.

Prexuízos e estereotipos respecto das persoas con discapacidade como consumidoras e usuarias, o acceso a bens e servizos en condicións de Igualdade, a accesibilidade ao medio , cadea de valor e prezos xustos, as barreiras na comunicación, investimentos e retornos da accesibilidade ou deseño universal serán algún dos asuntos a tratar nas catro sesións que conforman a xornadas.

Quen desexe asistir –outórgase 1 crédito ECTS– debe inscribirse no teléfono 881814339 ou no enderezo mariadolores.tunas [at] usc.es (mariadolores[dot]tunas[at]usc[dot]es).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.12.2017.