Pasar al contenido principal

O Valedor da Comunidade Universitaria presenta o seu informe este martes no Claustro

O Claustro da USC reúnese este martes 5 nunha sesión ordinaria na que o Valedor da Comunidade Universitaria, Miguel Alcaraz, presentará o seu informe correspondente ao curso 2016-2017.

Na mesma sesión, prevista para as 9.30 (primeira convocatoria) no Salón de Actos de Psicoloxía, estudaranse as propostas de proxectos das bases de certas materias estatutarias que esixían un desenvolvemento, como as referidas ás obrigas e o rexistro de intereses dos seus altos cargos, á creación e funcionamento de estruturas universitarias de docencia e investigación e á realización polo PDI de traballos científico, técnico, humanístico ou artístico, así como de ensinanzas de especialización ou actividades específicas de formación”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.12.2017.