Pasar al contenido principal

A USC remata os XXXI Xogos Galaico-Durienses en terceira posición

Equipo de pádel que se proclamou como subcampión dos xogos
Equipo de pádel que se proclamou como subcampión dos xogos

A USC ascendeu ata o terceiro chanzo do cadro de medallas dos trixésimo primeiro Xogos Galaico Durienses disputados a finais da pasada semana na Coruña e no que se deron citas as tres universidades galegas e as tres do norte de Portugal, Porto, Minho e Trás-os-Montes e Alto Douro. Os dous primeiros lugares ocupáronnos, por orde, A Coruña e Porto.

O equipo da USC mellor clasificado foi o de pádel, ao proclamarse subcampión da modalidade. En fútbol 7, o equipo compostelán rematou a competición en cuarta posición e o de baloncesto na quinta praza.

O equipo de fútbol rematou a competición en carta posición Os integrantes do combinado de baloncesto foron quintos

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.12.2017.