Pasar al contenido principal

O XIX Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo destaca os “beneficios sociais” da FP

Asistentes ao congreso de formación para o traballo na Facultade de Formación do Profesorado
Asistentes ao congreso de formación para o traballo na Facultade de Formación do Profesorado
Javier Bueno inaugura en Formación do Profesorado o foro promovido polo grupo Gefil da USC e o Instituto de Emprego e FP de Portugal que cita a preto de 200 participantes

O XIX Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, un foro promovido polo Grupo galego de Estudos para a Formación e a Inserción Laboral (Gefil) da USC e o Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, destaca a Formación Profesional como un dos programas educativas que reporta “maior beneficio á sociedade”, tal e como afirmou este xoves Antonio Florencio Rial, co organizador do congreso, na sesión de apertura dun foro que reunirá ata o sábado na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC a preto de 200 participantes. As sesións programadas no marco deste congreso internacional permitirá poñer en común os resultados xa acadados, ademais de debater sobre as perspectivas e os futuros desafíos aos que se enfronta a Formación Profesional (FP) Dual.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidiu a sesión de apertura deste foro internacional de carácter itinerante que este ano chega por vez primeira á capital luguesa. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira; o delegado rexional do Norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal, António Leite, e o xa citado Antonio Florencio Rial Sánchez, tamén participaron como relatores na sesión inaugural deste foro.

O profesor e investigador da Universidade de Valencia Fernando Marhuenda Fluixá ofreceu de seguido a conferencia inaugural deste congreso cunha intervención que se desenvolveu baixo o título ‘Os sistemas europeos de formación profesional dual: dúos ou duetos?’. A primeira xornada deste foro inclúe asemade dous simposios sobre transferencia de modelos de formación profesional entre países e sobre a cultura actual sobre a formación profesional, ademais da presentación de diversas comunicación científicas.

Programa e obxectivos

Co título ‘Formación Profesional Dual: Dúos ou duetos?’, o programa deste congreso pretende facer visible e poñer en valor a realidade conceptual, normativa e práctica dos contextos da Formación Profesional Dual en Galicia e Portugal, ademais de debater acerca das relacións permanentes e/ou ocasionais da escola e a empresa, do intercambio dos saberes, da súa construción conxunta de coñecemento, da implicación das dúas na preparación das persoas para o desempeño das actividade produtivas recoñecidas como traballo e do impacto no mercado laboral e na sociedade.

O congreso ‘Formación Profesional Dual: Dúos ou duetos?’ pretende asemade reflexionar sobre a necesidade temperá de anticipar algunhas melloras que precisa a formación profesional dual nos distintos contextos nos que se desenvolve con este ou outros nomes, focalizar sobre a súa dimensión sociocultural, así como sobre aspectos centrados en como contribúe ao emprego das persoas.

De esquerda a dereita, Leite, Méndez, Bueno, Corredoira e Rial, na apertura do congreso

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2017.