Pasar al contenido principal

Inauguración da XXIX edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galega ‘Galego sen fronteiras’

A XXIX edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galega ‘Galego sen fronteiras’ que organizan o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG), a Real Academia Galega (RAG), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, inaugurarase este venres, 1 de xullo.

A benvida ao alumnado, procedente de 17 países, terá lugar ás 12.30 horas no salón de actos da Facultade de Filosofía. Asisten a ela a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o director do ILG, Ernesto González; o director dos cursos, Henrique Monteagudo; a secretaria académica dos cursos, Ana Booullón; o presidente da RAG, Jesús Alonso Montero; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Estes cursos, que se veñen celebrando desde o verán de 1988, están dirixidos a persoas de fóra de Galicia interesadas na lingua, na literatura e na cultura galegas. Ademais das clases, que nesta ocasión se desenvolverán ata o 22 de xullo, están programadas actividades de ampliación cultural, que consistirán fundamentalmente en conferencias sobre literatura, historia e outros eidos da realidade sociocultural de Galicia, así como visitas a lugares de interese natural e histórico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.06.2016.