Pasar al contenido principal

Obesidade, esqueletos e curiosidades da Historia na NerdNite do martes

Obesidade, esqueletos e curiosidades da Historia na NerdNite do martes
Obesidade, esqueletos e curiosidades da Historia na NerdNite do martes

A Nave de Vidán será a sede da próxima sesión das NerdNites que, organizadas en colaboración coa Área de Cultura da USC, terá lugar o martes 26 a partir das 21.00 horas.

Nesta ocasión participarán o coñecido escritor e comandante de aviación Francisco Narla coa charla ‘La Pinta, la Niña... y la Gallega: curiosidades da historia’; a investigadora Ramón y Cajal e líder do grupo de obesidade do CiMUS da USC, Sulay Tovar, con ‘De apetitos, exercicios e calor. A solución á obesidade!’, e a bióloga e coordinadora do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, Olalla Lopez Costas, que leva á sesión o relatorio ‘Soñan os esqueletos con campos de millo?’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.02.2019.