O Servizo de Deportes organiza obradoiros de baile deportivo para alumnado do IV Ciclo
O Servizo de Deportes organiza este semestre obradoiros de baile deportivo dirixido especificamente para alumnado de cuarto ciclo. Desenvolveranse os martes e xoves de 12.00 a 13.30 horas na Sala Multiusos do Estadio de Atletismo cunha oferta de 20 prazas por obradoiro.
O primeiro dos obradoiros, sobre bailes latinos e de salón, realizarase do 7 de marzo ao 11 de abril, cunha sesión de portas abertas o 28 de febreiro. A inscrición poderá realizarse ata ás 14.00 horas do 4 de marzo. O seguinte, sobre ‘Baile country e baile en liña’ desenvolverase entre o 25 de abril e o 28 de maio cunha xornada de portas abertas o 23 de abril. O período de inscrición estenderase do 5 de abril ata as 14 horas do 22 de abril. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar a web do Servizo de Deportes ou poñerse en contacto a través do correo electrónico (deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es)) ou dos teléfonos 881 815 071 / 3.