Pasar al contenido principal

Amplíase ata o venres a inscrición no obradoiro de elaboración e defensa de TFG e TFM en Santiago

Do 6 ao 10 de xuño terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia un novo obradoiro de elaboración e defensa de Traballos Fin de Grao (TFG) e Máster (TFM) dirixido a todo o alumnado matriculado nalgunha destas dúas materias. A inscrición permanecerá aberta ata este venres 3 de xuño.

O obxectivo do obradoiro é que o alumnado poida elaborar os TFG ou TFM coa máxima calidade formal en lingua galega, para o que traballará sobre modelos de documentos e titorizados polo profesorado do curso.

Ao longo das 30 horas do curso, 23 de carácter presencial, quen asista terá acceso a contidos lingüístico-documentais (redacción, terminoloxía, corrección e revisión, partes do traballo, uso de modelos) e informacionais (busca, selección e inclusión de recursos de información como Refworks). Nas horas non presenciais o alumnado deberá revisar o seu traballo segundo o modelo que se lles fornece e as pautas do curso. Logo haberá novamente unha serie de sesións presenciais de posta en común para comentar dúbidas, erros e acertos dos traballos.

Ao aproveitamento dos contidos do curso, engádeselle o recoñecemento dun crédito ECTS por competencias transversais (en lingua galega) e o diploma de asistencia por 30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.05.2016.