Pasar al contenido principal

Alumnado coreano remata un curso sobre o Camiño de Santiago realizando o traxecto dende O Cebreiro

Alumnado coreano remata un curso sobre o Camiño de Santiago realizando o traxecto dende O Cebreiro
Alumnado coreano remata un curso sobre o Camiño de Santiago realizando o traxecto dende O Cebreiro

Un grupo de 21 estudantes coreanos rematan este venres 29 un curso do Camiño de Santiago e lingua española logo de percorrer na última semana a ruta xacobea dende O Cebreiro. Acompañados nas seis etapas por profesorado da USC e un guía turístico, o curso forma parte da oferta formativa de Cursos Internacionais da USC.

Ao longo de todo o mes de xullo, o programa combinou clases de español como lingua estranxeira e seminarios sobre o Camiño de Santiago impartidos por especialistas na materia. Durante a estadía en Compostela, o alumnado coreano realizou ademais actividades culturais e turísticas tanto na cidade como noutros puntos da xeografía galega.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.07.2016.