Pasar al contenido principal

Acto de entrega de material educativo elaborado por estudantes de Formación do Profesorado á Once

A vicedecana da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo da USC, Carmen Díaz Rodríguez, e profesorado da axencia administrativa da Organización Nacional de Cegos de España (Once) en Lugo participarán este martes 26 de abril no acto de entrega á Once do material didáctico e educativo elaborado polo estudantado do grao de Mestre/a de Educación Primaria no marco das actividades realizadas na materia ‘Dificultades de aprendizaxe e trastornos de desenvolvemento’, impartida por María Fiuza Asorey.

A sesión, que se desenvolverá a partir das 13.00 horas, no salón de actos do centro universitario lugués, servirá tamén para expoñer as maquetas bi e tridimensionais, así como contos táctiles escritos en galego e español utilizando o código Braille. Este material educativo, destinado a nenos e nenas con cegueira e discapacidade visual, foi elaborado polo alumnado da Facultade grazas ao asesoramento prestado por persoal especializado da Once.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2016.