Pasar al contenido principal

Xornada gratuíta sobre a importancia da marca persoal

Xornada gratuíta sobre a importancia da marca persoal
Xornada gratuíta sobre a importancia da marca persoal

A Área de Orientación Laboral da USC organiza para o próximo mércores 20 unha charla dirixida a aalumnado de último curso e titulados recentes sobre a importancia da marca persoal e o valor diferencial para dirixir a carreira profesional. A actividade correrá a cargo de Verónica Ramallal, CEO da axencia creativa Pekecha.

Entre outras cuestións, na charla aprenderase a converter as rarezas persoais en virtudes, xestionar a propia imaxe profesional nas redes sociais, conseguir ser a opción seleccionada e ser vistos como se desexa profesionalmente.

O obradoiro será o día 20 de 16:30 a 20:30 horas na Aula 6 da Facultade de Relacións Laborais e aínda que é gratuíto se precisa inscrición previa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.04.2016.