Pasar al contenido principal

O catedrático da USC Jorge Barros Velázquez ingresa na Academia Galega de Farmacia

Jorge Barros Velázquez
Jorge Barros Velázquez

O catedrático da área de Tecnoloxía de Alimentos da USC e profesor na Facultade de Veterinaria Jorge Barros Velázquez, onde vén de desenvolvendo o seu cometido docente e de investigación desde hai un cuarto de século, vén de formalizar o seu ingreso como académico de número da Academia Galega de Farmacia.

No seu discurso de ingreso como académico, titulado ‘Resistencia microbiana aos antibióticos, un problema global’, Barros Velázquez, manifestou a súa preocupación polo escaso control existente sobre o mal uso e o abuso duns medicamentos que cualificou de “insubstituíbles”.

Logo de anos de investigación sobre a resistencia aos antibióticos, moléculas capaces de matar bacterias, e preocupado polo feito de que o uso indebido deste tipo de fármacos non fai máis que crear máis resistencia, o novo académico de Farmacia aproveitou o o acto de lectura do discurso de ingreso celebrado no antigo hospital de San Roque para demandar á Administración un maior control deste tipo de medicamentos.

O catedrático do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC manifestou asemade a súa satisfacción polo ingreso na Academia de Farmacia de Galicia, un recoñecemento a unha traxectoria que supón un honor e tamén unha nova responsabilidade de colaborar co desenvolvemento farmacéutico de Galicia, sinalou.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.04.2016.