Na busca de solucións políticas para as nacións sen estado en Europa
O Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, reunirá o vindeiro martes 19 a numerosos especialistas que discutirán as posibilidades de solucións constitucionais, territoriais e transfronteirizas para os países e rexións en Europa sen estado e poder facer fronte así aos retos internos e externos nun contexto político cambiante.
A xornada ‘ Nacións sen estado en Europa: Novos retos, novas oportunidades’, que o día anterior se celebrará na Universidade portuguesa do Minho, está organizada polo Centro Mauritus Coppieters e conta con financiamento do Parlamento Europeo. Colaboran ademais as Universidades de Santiago e Minho, o Centro de Investigación en Ciencias Políticas, Fundación para Ciencia e Tecnoloxía (CICP) e o grupo ANTE de investigación de Análise territorial).
Na sesión en Santiago participarán, entre outros, distintas personalidades e especialistas da Association of European Border Regions, do Von Hugel Institute da Universidade de Cambridge, do European Institute of Identities da Swansea University, da Bartlett School of Planning da Universidade College de Londres ou dos Gobernos vasco, aragonés e catalán.