Pasar al contenido principal

Formación do Profesorado celebra este xoves o Día do Libro co obradoiro creativo 'Un libro por unha idea'

A actividade desenvolverase no vestíbulo da Facultade a partir das 11.00 horas. As persoas participantes recibirán como agasallo un libro da biblioteca do centro

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC conmemorará este xoves 21 e abril o Día do Libro coa celebración do obradoiro creativo ‘Un libro por unha idea’, unha actividade orientada á participación do estudantado universitario, pero aberto tamén á participación de calquera persoa interesada, que se desenvolverá no vestíbulo do centro universitario lugués en quenda de mañá, de 11.00 a 15.00 horas.

Todas as persoas que tomen parte nesta iniciativa, promovida pola biblioteca universitaria da Facultade de Formación do Profesorado, dirixida por Carmen Varela, en colaboración cos profesores Vicente Blanco Mosquera e Salvador Cidras, da área de Didáctica da Expresión Plástica, e Beatriz Fernández Herrero, da área de Filosofía e Moral, poderán escoller un libro a cambio de reinventar un texto ou ilustración de 'El Quijote' facendo con el unha creación propia para conformar finalmente un collage coas diferentes interpretacións do texto cervantino. A biblioteca da Facultade de Formación do Profesorado achega para o desenvolvemento desta actividade colaborativa e de achegamento ao mundo libro unha colección de 260 monografías que previamente foron descartadas do fondo da biblioteca e que agora son postas a dispor das persoas que se acheguen a participar nesta actividade creativa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2016.