Pasar al contenido principal

Comeza o período de apertura das bibliotecas en horario extraordinario

O horario extraordinario estenderase do 20 de abril ao 11 de xullo
O horario extraordinario estenderase do 20 de abril ao 11 de xullo

O horario extraordinario de apertura da Biblioteca Universitaria nos Campus de Santiago e Lugo comeza este mércores 20 e estenderase ata 11 de xullo con diversas quendas e diferentes espazos habilitados en ambos campus.

Nun primeiro período, ata o próximo 29 de abril, as bibliotecas Concepción Areal e Intercentros do Campus de Lugo abrirán de luns a venres entre as 8.30 e as 3.00 horas. A estes dous puntos unirase a Sala de Lectura de Dereito nas fins de semana e festivos, abertas de 10.00 a 3.00 horas.

A seguinte quenda estenderase do 30 de abril ao 31 de maio tendo en conta que o período de cualificacións abarcará a segunda quincena de maio. Ás bibliotecas Concepción Arenal e Intercentros, sumaranse a da Facultade de Ciencias Económicas que abrirá en fin de semana e festivo de 10.00 a 20.00 horas, e a partir do 16 de maio a Biblioteca Xeral de luns a venres de 8.30 a 3.00 horas e en fin de semana e festivo de 10.00 a 3.00 horas. De xeito complementario, a Sala de Lectura de Dereito permanecerá aberta 24 horas ao día.

Xuño e xullo
Dende o 1 ao 17 de xuño, abrirán en horario extraordinario a biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e a Sala de Lectura de Dereito, de 9.00 a 3.00 horas durante a semana e de 10.00 a 3.00 horas na fin de semana e festivos. Do 18 de xuño ao 1 de xullo, a Concepción Arenal tomará o relevo da Sala de Lectura de Dereito xa que esta última pasará a estar aberta 24 horas ao día polo inicio do período de recuperación.

Entre o 2 e o 11 de xullo, manterán os horarios ampliados a Intercentros de Lugo e a la Sala de Lectura de Dereito.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2016.