Pasar al contenido principal

Ciencias da Educación homenaxea cunha mostra a figura de Isaac Díaz Pardo

A Facultade de Ciencias e Educación inaugura este mércores 20 ás 13.00 horas a exposición ‘Isaac Díaz Pardo, Luz e Compromiso’ arredor da figura e contextos vitais deste creador plástico galego, impulsor de numerosas iniciativas culturais desde a II República.

Composta por 40 grandes paneis, a mostra foi organizada en 2012 polas profesoras do IES de Ordes Maka Arca e Ana Mª Mosquera, e dende aquela percorreu distintos centros educativos de Galicia ata chegar ao edificio central da Facultade compostelá, no Campus Vida, onde permanecerá ata o 7 de maio da man da Comisión de Actividades Culturais do centro. As dúas mestras, xunto coa decana Carmen Fernández Morante e o profesor Antón Costa Rico asistirán ao acto de apertura.

A exposición destaca o papel de Isaac Díaz Pardo na súa loita polo Estatuto de Autonomía en Galicia e contra a violencia fascista, pasando polo exilio arxentino. Á volta a Galicia creou, con Luís Seoane e outros destacados galeguistas, a grande industria cerámica de Sargadelos, á beira de Cerámicas do Castro, o Museo Carlos Maside, as Ediciós do Castro e outras empresas e iniciativas de grande alento socio-cultural.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.04.2016.