Pasar al contenido principal

Charla esta tarde en Dereito sobre o acceso á carreira diplomática

O responsable de Asuntos Latinoamericanos da Escola Diplomática, Francisco Javier Sandomingo, imparte esta tarde na sala de xuntas da Facultade de Dereito unha charla informativa sobre o acceso á carreira diplomática.

Será ás 19.00 horas cando o coruñés Sandomingo, que estivo destinado como diplomático en numerosos países de América, África e Asia, lle fale ao alumnado sobre o Máster e os exames de acceso á Carreira Diplomática, á vez que responda as preguntas que poidan xurdir.

A charla está organizada conxuntamente polo programa A Ponte e a Facultade de Dereito.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2016.