Pasar al contenido principal

A USC e Down Galicia asinaron un acordo marco de colaboración

Antonio López e Delmiro Prieto, logo do acto protocolario de sinatura. Foto: Servimav-USC
Antonio López e Delmiro Prieto, logo do acto protocolario de sinatura. Foto: Servimav-USC
Regula posibles colaboracións, de xeito especial coa Facultade de Medicina e Odontoloxía, pero tamén está aberto a outros centros, departamentos e servizos universitario

O reitor Antonio López Díaz e o presidente da Federación Galega de Institucións para a síndrome de (Down Galicia), Delmiro Prieto González, asinaron este mércores 30 no Colexio de San Xerome un acordo marco de colaboración. A súa finalidade é regular a cooperación entre a USC e Down Galicia, en especial coa Facultade de Medicina e Odontoloxía, pero sen excluír outros centros, departamentos e servizos universitarios, para o desenvolvemento de actividades culturais, científicas, pedagóxicas ou de investigación, entre outras.

Entre as posibles modalidade de colaboración, o acordo asinado recolle a execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, a realizar entre os institutos e centros da USC e de Down Galicia; a cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico; o asesoramento mutuo en cuestións relacionadas; ou actividades relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico.

A Federación Down Galicia ten como finalidade xeral coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro cara a mellora da calidade de vida de cada persoa con síndrome de Down e discapacidade intelectual e das súas familias, a través da plena inclusión social e da utilización dos recursos ordinarios da comunidade. Na actualidade confórmana as entidades de Down Vigo, Pontevedra ‘Xuntos’, Teima de Ferrol, Fundación Down Compostela, Down Coruña, Down Lugo e Down Ourense.

No acto de sinatura estiveron presentes a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero; o vicedecano deste centro, Jacobo Limeres; e o catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz Dios.

No acto de sinatura, estivoeron presentes ademais a vicerreitora de Comunicación, o decano e o vicedecano de Medicina e Odontoloxía e o profesor Pedro Diz. Foto: Serimav-USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.02.2019.