Pasar al contenido principal

Concerto para canto e piano con Javier López Jorge e Kornél Mikecz no Paraninfo

Concerto para canto e piano con Javier López Jorge e Kornél Mikecz no Paraninfo
Concerto para canto e piano con Javier López Jorge e Kornél Mikecz no Paraninfo

O Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, acolle este mércores 27 un novo recital. Nesta ocasión, serán Javier López Jorge e Kornél Mikecz quen interpreten ás 20.30 horas a Winterreise D. 911 de Franz Schubert (1797-1828).

Shubert foi considerado o introdutor do romanticismo, aínda que tamén seguindo o modelo clásico influenciado por Beethoven. Notable por ser un gran compositor de lied, como a Winterreise, unha canción lírica breve cuxa letra é un poema, escrita para voz solista e acompañamento, xeralmente, un piano. Este xénero caracterízase pola influencia coa canción popular alemá, é dicir, música para piano e voz, que se entende como precedente da canción moderna. Será con este compositor co que o xénero do lied alcance un alto grao de desenvolvemento.

Winterreise é un ciclo de lied composto por 24 cancións de Shubert sobre dous conxuntos de 12 poemas de Wilhelm Müller (poeta alemán autor dos poemas que inspiraron a Shubert no Viaxe de Inverno e noutro ciclo de cancións, ‘La bella molinera’).

Javier López Jorge
Nado en Compostela en 1988, comeza os estudos de piano con 8 anos. Logo de estudar no conservatorio profesional de música de Santiago, en 2006 accede ao grao superior de música no Conservatorio Superior de Salamanca, onde se graduará con Matrícula de Honra. Toda a súa actividade como profesional veu acompañada de numerosos premios como o do Concurso Internacional de piano Donostia Hiria en 2001, o II concurso de piano ASGAIM e o ‘Joan Chissel Rober Schumann Lied Competition’.

Recentemente interpretou como pianista solista, xunto coa Escola de Altos Estudos Musicais e baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave, o concerto no.12 kv 414 en La M de W. A. Mozart, realizando varios concertos en Galicia. Bolseiro da Deputación de A Coruña e do Royal College of Music, entre os anos 2010 e o 2012 estuda o Máster en Interpretación pianística no Royal College of Music en Londres baixo a tutela do prestixioso pianista e pedagogo Andrew Ball. Dende entón e ata a actualidade establece un dúo co tenor británico William Morgan co cal realiza concerto no Reino Unido. Na actualidade estuda un doutorado en interpretación na Academia de Música Liszt Ferenc de Budapest.

Kornél Mikecz
Nado en 1979 en Budapest (Hungría), comeza os estudos musicais de piano aos oito anos. Xa con 12 entra no Coro de Nenos Radio Húngara para logo continuar a súa formación na Escola Superior de Música de San Esteban, na Facultade de canto e solfeo. Aos 21 anos foi admitido na Academia Ferenc Liszt de Música, co profesor Magda Nádor coma mestre vocal, ao tempo que comeza os seus estudos en Viena, na Facultade da Canción e Oratoria, xunto co profesor Walter C. Moore e a profesora Claudia Visca. No ano 2007 gradúase como cantante e profesor de música con altos honores.

As súas especialidades son a música contemporánea no xénero de teatro / ópera, pero tamén ten algunha relación co mundo dos musicais, chegando a ser o protagonista no baile dos vampiros Steimel Kunze-musical. Entre as súas principais funcións podemos citar buffo, principalmente nos carácteres de Dandini e Fígaro, pero debido á súa ampla capacidade vogal tamén participa en obras modernas de xénero pop/alternativo, como o ballet xeado de Krisztián Gergye. O que o diferenza dos seus compañeiros de profesión é a súa versatilidade, xa que pode interpretar tanto en conxuntos de cámara, concertos de cámara ou dando numerosos concertos de Schubert, Schumann, Brahms ou obras de Mahler.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.04.2016.