Pasar al contenido principal

Un obradoiro de redacción achegará habilidades metodolóxicas para mellorar os traballos en Ciencias da Computación

O obradoiro de redacción de traballos en Ciencias da Computación, cunha duración de catro horas, consta de dúas sesións teórico-prácticas que se impartirán os próximos días 5 e 7 no Salón de Actos do Centro singular de Investigación en Tecnoloxías da Información. As persoas que desexen participar deberán comunicar o seu interese dirixíndose á conta citius.idi [at] usc.es (citius[dot]idi[at]usc[dot]es) antes das 23.59 horas do domingo 3 de abril. A inscrición realizarase por orde de solicitude ata completar as vinte prazas dispoñibles.

O obxectivo é dotar os investigadores en Ciencias da Computación das habilidades metodolóxicas e os coñecementos necesarios para unha adecuada elaboración e difusións das súas contribucións ao resto da comunidade científica, ben en forma de traballos académicos como con informes de laboratorio, de investigación, artigos ou outros.

No programa deste obradoiro trataranse os tipos de traballos científicos máis frecuentes dentro das Ciencias da Computación como o método IMRyD de organización de traballos e as ferramentas básicas para a redacción científica, así como numerosos exemplos prácticos ilustrativos.

A relatora será a catedrática de Enxeñaría Química Maite Moreira Vilar, autora de 191 artigos en revistas idexadas en SCI, índice H de 37 e un índice Research Gate de 42,85. Ademais publicou dous libros e vinte capítulos de libros e é responsable de catro patentes e unha marca rexistrada.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.04.2016.