Pasar al contenido principal

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC conmemora o vinte aniversario da súa fundación

Nunha sesión no Paraninfo da Universidade, nomearase socio de honra ao ex reitor Juan Casares Long

O reitor Juan Viaño presidirá este venres 1 de abril a conmemoración do vinte aniversario da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni) nunha sesión ás 18.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). No mesmo acto farase público o nomeamento de honra da asociación do ex reitor Juan Casares Long en recoñecemento á súa dedicación durante oito anos como primeiro presidente deste colectivo.

Nesta xornada conmemorativa está previsto que asistan tamén o que fóra reitor no momento da fundación de Alumni e director da RAE, Darío Villanueva; a presidenta da asociación, Benita Silva Hermo; o concelleiro de Educación do Concello de Santiago, Manuel Dios Diz; e Carlos Gómez Bermúdez, en representación dos socios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.04.2016.