Pasar al contenido principal

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a delegación do Instituto Español de Analistas Financeiros en Galicia presentan o Anuario do Euro 2015

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a delegación do Instituto Español de Analistas Financeiros en Galicia presentan o Anuario do Euro 2015
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a delegación do Instituto Español de Analistas Financeiros en Galicia presentan o Anuario do Euro 2015
O obxectivo do traballo é dar conta dos importantes cambios que se produciron no último ano n unión monetaria, fiscal, económica e política

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a delegación do Instituto Español de Analistas Financeiros en Galicia presentaron este venres na USC o Anuario do Euro 2015, un estudo realizado pola Fundación de Estudos Financeiros en colaboración coa Fundación ICO. O estudo presentouno o seu director, o profesor de Economía e Estabilidade Financeira do IE Business School, Fernando Fernández Méndez de Andés, e participou como moderador do debate o catedrático de Economía Aplicada da USC Luis Caramés Vieitez.

O obxectivo desta colaboración tradúcese na confección dunha publicación anual para pór a disposición do lector os importantes cambios que se produciron en 2015 na unión monetaria, fiscal, económica e política, sinalando os acertos, as limitacións e as súas posibles insuficiencias.

Contido do estudo
O traballo é o terceiro da colección e articúlase en doce capítulos que recollen os aspectos esenciais da construción europea. Nos tres primeiros pásase revista á realidade actual da Unión Monetaria e cuantifícase a utilización do euro nas operacións de comercio internacional e nos mercados financeiros. Á súa vez, analízanse os avances no proceso de integración financeira europea e cómo se desenvolveu a política monetaria do euro.

Nos cinco capítulos seguintes repásanse os avances e novidades de 2015. Así, faise unha primeira avaliación da supervisión das entidades bancarias por parte do BCE. Á súa vez analízase o marco de resolución bancaria europea como un paso definitivo aínda que incompleto cara á integración europea. Trátase o novo obxectivo das autoridades europeas de pór en marcha o proxecto da unión do mercado de capitais e analízanse os retos que representan a unión fiscal, económica e social en Europa con especial atención ao programa de infraestruturas.

Nos últimos capítulos formúlanse algunhas cuestións pendentes como o papel das institucións europeas na xestión das crises económicas e financeiras nacionais, a conveniencia e efectos dun mecanismo de reestruturación de débeda soberana en Europa, o atractivo da unión monetaria como referencia política en países emerxentes e, por último, unha aproximación ás consecuencias legais e económicas dunha hipotética saída do Reino Unido da Unión Europea.

El traballo inclúe un resumo executivo que sistematiza as diferentes achegas realizadas polos colaboradores que participaron nel e un decálogo de conclusións que remarca as principais cuestións que se queren transmitir.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.04.2016.