Pasar al contenido principal

O grupo Coren presenta este xoves no Campus Terra a súa política de recursos humanos e selección de persoal

O director de Recursos Humanos de Coren, Santiago Taunton, guiará unha sesión informativa, a partir das 18.00 horas, na Aula 3 de Veterinaria

O director de Recursos Humanos do Grupo Coren, Santiago Taunton, ofrecerá este xoves, a partir das 18.00 horas, na Aula 3 da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, unha presentación da organización e da estrutura da sociedade cooperativa, ao tempo que tamén explicará as políticas de recursos humanos e selección de persoal que aplica Coren.

A presenza de Santiago Taunton no Campus Terra da USC responde ao interese de Coren por incorporar ao seu cadro de traballadores titulados universitarios nos ámbitos agrogandeiros e alimentarios formados no campus de Lugo, ao que esta cooperativa galega traslada desde hai anos ofertas de traballo. A sesión programada este xoves na Facultade de Veterinaria está inicialmente orientada a estudantes e graduados en Veterinaria que potencialmente estean interesados na posibilidade de traballar en Coren. Asemade, este grupo empresarial de base cooperativa visitará outra vez o 20 de abril a Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, onde, a partir das 12.00 horas, tamén fará unha presentación semellante, aínda que orientada a enxeñeiros/as agrícolas, agrónomos...

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.04.2016.