Ciencias Económicas e Empresariais celebra este mércores o seu patrón
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais celebra este mércores 6 o seu patrón nun acto que comezará ás 12.00 horas no salón de graos do centro.
Nese acto académico o catedrático xubilado do Departamento de Historia e Institucións Económicas da USC Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo pronunciará a conferencia ‘ Ciencia e Economía. A miña experiencia’.
Previamente terá lugar a entrega do premio do concurso de pintura CreArte na Universidade a Amalia Costa Bouzas pola súa obra ‘Fondo marino’; o Fulget 2015 á Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago, que recollerá o seu presidente Jesús Asorey; e os premios extraordinarios 2014-2015 dos distintos graos, mestrados e doutorados da Facultade.