Pasar al contenido principal

Presentación de ‘Regueifas de Ciencia’, debates intelixentes sobre temas apaixonantes

A USC pon en marcha o venres unha nova actividade divulgativa, Regueifas da Ciencia, que proporá debates arredor de temas de enorme actualidade e transcendencia con relatores de capacidade excepcionais co fin de que o espectador enriqueza ou mude a súa postura sobre a cuestión.

‘Regueifas da ciencia’ presentarase este mércores 6, ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, nunha rolda de prensa na que participarán a catedrática de Xenética e directora do proxecto, Laura Sánchez Piñón; o investigador do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago, Manuel Collado Rodríguez; e o doutor en Ciencias Químicas e director e presentador do programa ‘Efervescencia’ da Radio Galega, Manuel Vicente García.

Os transxénicos será o tema que inaugure esta nova actividade de divulgación científica da USC este venres 8 ás 20.00 horas en Ciencias da Comunicación, cun formato dialéctico moi interesante e no que o público tamén poderá interactuar.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.04.2016.