Pasar al contenido principal

Últimas semanas para inscribirse nas probas dos Certificats de Llengua Catalana

A finais deste mes, o día 25, rematará o prazo de inscrición nas probas para a obtención dos Certificats de Llengua Catalana que emite o Instituto Ramón Llull, válidos tanto para a comunidade universitaria como para calquera persoa interesada. Con sede na USC, no desenvolvemento das probas participan a Área de Catalá do Departamento de Filoloxía Galega coa colaboración do Centro de Linguas Modernas (CLM).

As probas realizaranse a partir do 14 de maio, coa celebración das correspondentes aos niveis Intermedi (B2) e Superior (C2), e continuará o 21 de maio coa do nive3 Bàsic (A2) e Elemental (B1) e concluirán o día 28 coa do exame de Suficiènci (C1). As persoas de contacto responsables destas probas na comunidade galego son o profesor Andratx Badia Escolà (andratx.badia [at] usc.es (andratx[dot]badia[at]usc[dot]es)) e a profesora Maria Mercè López Casas (mamerce.lopez [at] usc.es (mamerce[dot]lopez[at]usc[dot]es)).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.04.2016.