Pasar al contenido principal

Un ciclo de conferencias en Ciencias Económicas trata os efectos das deslocalizacións e a loita contra a explotación no téxtil en Tánxer

Os efectos das deslocalizacións e a loita contra a explotación no téxtil en Tánxer son os dous temas que se abordarán nun ciclo de conferencias a celebrar este mes na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

O primeiro dos temas define o título da conferencia que impartirá este xoves 18 ás 16.00 horas Josep Burgaya, profesor da Universidade de Vic e doutor en Historia Contemporánea pola Universidade Autónoma de Barcelona. Adscrito á Facultade de Negocios e Comunicación, impartiu docencia sobre historia económica, evolución do pensamento contemporáneo e das cualificacións políticas e económicas internaconais. Recibiu o premio Joan Fuster 2013 coa obra La economía del absurdo. Cuando comprar más barato contribuye a quedarse sin trabajo.

A vindeira semana, o día 24 ás 12.00 horas, Fátima Allemmah, obreira do sector industrial e presidenta da Asociación Attawasol de Mulleres Obreiras de Tánxer, tomará o relevo falando sobre ‘A loita contra a explotación no téxtil en Tánxer’. A conferenciante ten realizado estudos e participado en diversas campañas e documentais, tanto en Marrocos como en España. Ademais é membro da Asociación Marroquí de Dereitos Humanos e do Partido Vía Democrática.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.02.2016.