Pasar al contenido principal

Aberta a convocatoria para a contratación de 46 persoas en diversos grupos de investigación da USC

A Universidade de Santiago mantén aberto ata o próximo día 18 o prazo para participar na convocatoria de 46 contratos vinculados a diversos proxectos de investigación de grupos da propia USC. O persoal contratado colaborará especificamente nas actividades dos diversos grupos contratantes.

Existe unha ampla variedade de titulacións requiridas, segundo o proxecto. Entre elas solicítanse tituladas e titulados en Química, Bioloxía, Enxeñaría Química, Física, Matemáticas, Medicina, Veterinaria, Psicoloxía, Pedagoxía, Logopedia, Enxeñaría Informática, Enxeñaría Agrónoma, Enxeñaría Forestal ou de Montes, Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, Administración e Dirección de Empresas ou Económicas. As persoas interesadas poden consultar todos os detalles da convocatoria na web da USC.

As solicitudes para participar nesta convocatoria deberán acompañarse dunha fotocopia simple da certificación académica coas cualificacións obtidas; as traducións xuradas ao español ou ao galego no caso das certificacións de estudos realizados no estranxeiro; fotocopia simple da documentación xustificativa dos requisitos esixidos na convocatoria; e a fotocopia simple da documentación xustificativa dos méritos alegados.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.02.2016.