Pasar al contenido principal

A computación xeospacial de datos Lidar e a súas prestacións no eido da ordenación territorial, a debate na Escola Politécnica

O profesor da USC David Miranda recibe aos participantes no workshop celebrado na Politécnica
O profesor da USC David Miranda recibe aos participantes no workshop celebrado na Politécnica

Unha reunión de traballo sobre xestión e computación xeoespacial baseada na obtención de datos que ofrece a tecnoloxía Lidar citou este martes na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo expertos e investigadores no eido da ordenación territorial. Esta sesión, promovida a iniciativa do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da USC, posibilitou que os centros e investigadores que agroma a Rede de Tecnoloxía Lidar e Información Xeoespacial expuxeran os resultados obtidos nas súas respectivas áreas de traballo, ademais de abordar as diversas aplicacións prácticas destes sensores remotos na xestión territorial.

No programa deste workshop en xestión e computación de datos Lidar, que foi retransmitido a través de videoconferencia a outros campus de Galicia, participaron como relatores integrantes dos distintos grupos de investigación das universidades da Coruña (UDC) e de Santiago (USC), que presentaron os avances obtidos e as aplicacións prácticas destes sensores remotos na xestión territorial. A xornada de traballo rematou cun relatorio a cargo do doutor en Xeografía Juan Suárez, quen na actualidade desenvolve a súa carreira profesional en Edimburgo, e que falou das prestacións e das posibilidades que ofrece a unión de sensores Lidar, térmicos e hiperpestrais. O encontro, cuxa entrada é libe e de balde, consistiu nunha sesión aberta á participación de estudantes, así como a docentes e a técnicos de administracións públicas ou empresas privadas, vinculados coa captura e procesado de datos procedentes de sensores remotos e coa xeración de cartografía. O director do LaboraTE da USC, o profesor David Miranda, explicou neste senso que as prestacións que ofrecen este tipo de sensores na ordenación territorial e na súa xestión son múltiples, dado que aforran custes e tempo, ademais de permitir estudos a demanda. Aberto o prazo de matrícula no Máster Terra O Laboratorio do Territorio da USC mantén aberto ata o 12 de febreiro o segundo prazo de matrícula na sexta edición do m áster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, un posgrao estruturado en 60 créditos ECTS e para o que aínda se ofrecen 11 prazas. As persoas interesadas poden formalizar a presentación de instancias de matrícula no edificio administrativo do campus de Lugo ou tamén a través da web da USC. O máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da USC é un programa formativo pioneiro a nivel nacional. Este posgrao está orientado a un perfil académico do investigador, e está especializado na optimización da riqueza territorial galega, lucense e española. Daquela, o programa deste máster abrangue a xestión do territorio dende o eido agroforestal, paisaxístico, natural, ambiental e social. A modalidade telepresencial é outro dos aspectos que reforzan a singularidade do Máster Terra como iniciativa única no ámbito universitario español. A través deste sistema, a Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC ofrece a posibilidade de que alumnos/as estranxeiros/as e doutras universidades completen este posgrao a través de vídeo conferencias simultáneas ao desenvolvemento da actividade lectiva nas aulas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.02.2016.